Sinsal Verano/Sinsal Otoño

Talleres e acción en familia durante o festival de música Sinsal

Illa de San Simón, Redondela.
28 y 29.7.2018

Organización
Sinsal Audio

Dirección
Fermín G Blanco/ Mr Lupo

Coordinación
Carolina Queipo
Víctor González
María Bescansa
Jaime García Vega

Embaixador na illa  
Diego Piñeiro Carrera

Relacións internacionais 
Belen Vallina González

Didáctica
Sistema Lupo

Colaboradores
Marexada S.L

 

Memoria & Fotografías
Unha illa musical, iso é no que se converte San Simón un fin de semana ao ano. E aí estivemos, no fondo da ría de Vigo, en pleno verán galego (o suave), rodeados de árbores centenarias e con provisións de comida e bebida dabondo. Ninguén sabía quen tocaría eses días, pero o que si estaba claro era que ía haber ambientazo, que o pasariamos en grande e que quereriamos repetir. E é que o sitio non é moi grande pero aínda cheo de espectadores faise amplo e relaxado, cóidase o lugar e o medio ambiente, tense en conta a todos os participantes e, por riba, chégase en barco. What else?

Entre os asistentes, unha chea de intrépidas familias, ou o que é o mesmo, moita xente (de todas as idades) con ganas de xogar ao grande. E para iso estabamos alí. Sistema Lupo coas compañeiras de Arte e Garabato man a man colonizando o espazo, ¡terra mar e aire! Ao longo do sábado e do domingo, con pequenos e maiores, deseñamos, montamos, desmontamos, axustamos e construímos sen parar todo o que se nos ocorreu que podería facer falta e non había: pequenos refuxios-cabanas para os irmáns e irmás pequenos, torres, fortes e cúpulas geodésicas baixo as que poderiamos ata acampar. O proxecto estrela foi o escenario específico para o público familiar, unha macroestructura de Palitroques colgada en pleno bosquecillo de froiteiros, baixo a que Esteban & Manuel actuaron para nós mentres o sol empezaba a baixar. Vaia gozada, o mellor premio para unha tarde de traballo.

Quedábasenos pequena a illa, e quixemos conquistar o mar, así que montamos unhas estruturas nunhas piraguas e un tras outro fomos saíndo a navegar, ninguén se achega á nosa illa conquistada sen verllas coas nosas arquitecturas flotantes! Mentres isto pasaba no sur de San Simón, ao norte, na illa de San Antonio, outro grupo de robinsones querían coñecer técnicas de construción sustentable, aínda que fóra á conta de mancharse e empaparse (xogar con auga e barro no verán, que fatal…). Aprendemos a técnica do “ pallabarro” que, con materiais naturais e inmediatos, permite levantar pequenas construcións feitas por nós mesmos. Aí estivemos, mesturando, escurrindo, encofrando e desmoldando peza a peza, para deixalas secar ao sol antes de poñelas en uso. ¿O resultado? Unha nova técnica aprendida, unha chea de pezas Lupo novas, caras riseiras e sucias e cero impacto ambiental.

Todo o que rodea ao SinSal é misterioso e marabilloso, por iso non é posible prometer nada, pero quizais o ano que vén vexámonos de novo nas illas dispostos a xogar moito, aprender máis e pasalo aínda mellor, se é que é posible. ¡Oxalá si!

 

.

One thought on “Sinsal Verano/Sinsal Otoño

Deixar unha resposta