Tercer Trimestre de Nenoarquitectura 17/18

O terceiro e último trimestre de Nenoarquitectura do curso 2017-2018, que se desenvolverá entre os meses de abril e xuño, terá como convidados especiais ao arquitecto sevillano Santiago Cirugeda e ao escultor coruñés Pepe Galán, quen explicarán aos asistentes o concepto de receitas urbanas e a relación entre arquitectura e escultura respectivamente.

Os mosaicos nazaríes, o tratamento da luz e da cor na obra de Luis Seoane, actividades de fotografía e audiovisuais, o modernismo ou a relación entre materia e espazo son algúns dos temas que se abordarán neste terceiro trimestre, que se pechará cos xa clásicos obradoiros en familia.

Como sempre vos esperamos na Fundación Luís Seoane todos os sábados en horario de 11:30 a 14:00.

Do mesmo xeito que no primeiro trimestre, seguimos cos 4 grupos segundo a idade dos participantes. EM-PEZA (para idades comprendidas entre os 6 e 9 anos), DES-PEZA (un nivel avanzado para nenos de 10 e 12 anos) e TRO-PEZA (para nenos de entre 4 e 5 anos); ademais a novidade do curso 17/18, o grupo +LUPO para os licenciados en Nenoarquitectura con anterioridade.

_
+LUPO é unha iniciativa destinada a alumnos que cursasen Nenoarquitectura con
anterioridade e que queiran poñer en practica os seus propios proxectos, que serán aplicados a Tropeza, Empeza e Despieza de forma indiscriminada.

Propónse aos participantes deste curso a posibilidade de traballar sobre un proxecto propio. Deberán entregar xunto coa presente ficha de inscrición unha folla en tamaño A4 onde se resuma unha proposta de traballo sobre a que poder traballar durante o curso. O equipo de Sistema Lupo realizará unha selección das propostas entregadas máis interesantes.

O curso constitúe un achegamento ao proceso completo de elaboración dun proxecto mediante o desenvolvemento de habilidades de visión espacial, de representación en 2D e 3D e tamén de comunicación en público.

_
O curso organízase en trimestres durante o ano escolar para grupos de 12 nenos como máximo (e de 8 como mínimo) nos talleres EM-PEZA e DES-PEZA e grupos de 8 nenos como máximo (e 6 como mínimo) en TRO-PEZA.

A didáctica será desenvolvida polo equipo de Sistema Lupo e está baseada en contidos de deseño onde a arquitectura, a escultura, a música e o deseño industrial terán un especial protagonismo.

A continuación podedes ver os contidos de cada taller e as follas de inscrición.

————————

Lugar.
Fundación Luis Seoane.
c/ San Francisco n27. A Coruña
Horario. 11:30-14:00

Días.
Todos os sábados (salvo festivos) do 7 de abril ao 9 de xuño.

Precio.
40 euros por trimestre

Descontos.
-10% dous o máis hermanos

INSCRICIÓN E INFO:
981 216 015
info@fundacionluisseoane.gal
www.fundacionluisseoane.gal

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN:

– Para TRO-PEZA aquí
– Para EM-PEZA aquí
– Para DES-PEZA aquí

————————

troPEZA

07 Abr – Modernismo
14 Abr – Receitas Urbanas. Santi Cirugeda
21 Abr – Materia e espazo. Cheos e vacíos
28 Abr – Palitroques. Estruturas espaciais
05 May – Obradoiro de fotografía
12 May – O bosque. A cidade das árbores
19 May – Escultura e arquitectura. Pepe Galán
26 May – Obradoiro experimental audiovisual. S8
02 Jun – EirÓN
09 Jun – Obradoiro en familia

emPEZA

07 Abr – Mosaicos nazaríes. Módulos e cor
14 Abr – Receitas Urbanas. Santi Cirugeda
21 Abr – Topografías. A forma da terra
28 Abr – Movémonos
05 May – Obradoiro de fotografía
12 May – Luz e cor. Luis Seoane
19 May – Escultura e arquitectura. Pepe Galán
26 May – Obradoiro experimental audiovisual. S8
02 Jun – EirÓN
09 Jun – Obradoiro en familia

desPEZA

07 Abr – Escala descomunal
14 Abr – Receitas Urbanas. Santi Cirugeda
21 Abr – Avións. A forma do aire
28 Abr – Séntate ben. Mobiliario
05 May – Obradoiro de fotografía
12 May – Luz e cor. Luis Seoane
19 May – Escultura e arquitectura. Pepe Galán
26 May – Obradoiro experimental audiovisual. S8
02 Jun – EirÓN
09 Jun – Obradoiro en familia


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta