OS XOGOS DE CONSTRUCIÓN E O SEU INTERESE EDUCATIVO. UN ESTUDIO DE CASO: O SISTEMA LUPO


Jorge Conde Miguélez

OS XOGOS DE CONSTRUCIÓN E O SEU INTERESE EDUCATIVO. UN ESTUDIO DE CASO: O SISTEMA LUPO
Master en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Educación
Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Titor: Antón Costa Rico
Xullo de 2017

__
Resumen:
Fronte ás evidencias obtidas de certos estudos nos que se reflectían os obstáculos que teñen os estudantes para a aprendizaxe do coñecemento histórico derivados de prácticas e modelos tradicionais, intentouse poñer de relevo a existencia de posibilidades de aprendizaxe mellores, mediante os seguintes obxectivos: 1) ofrecendo unha visión xeral das causas deste fenómeno e as posibles tentativas de mellora destes aspectos obtidas da literatura científica. 2) ampliando o coñecemento dunha destas propostas de mellora que é o motivo principal da investigación neste traballo: a utilización dos xogos de construción en xeral, tomando como exemplo concreto o sistema LUPO de construcións. Para rematar; 3) facendo un traballo de campo que consistiu en interpretar cualitativamente a información obtida por medio do emprego de entrevistas semiestructuradas dunha mostra intencional de 4 informantes, que empregan o sistema LUPO en dous contextos diferentes. O resultado foi que estes profesionais valoran como pertinente e positivo este tipo de recurso para mellorar o panorama da aprendizaxe da historia, derivada esta crenza da súa experiencia do uso desta metodoloxía co alumnado. Así mesmo, este traballo delatou que malia a potencialidade do sistema LUPO apenas había publicacións sobre el desde o ámbito da pedagoxía ou a didáctica pese ao potencial do recurso, ao impacto positivo no ensino e aprendizaxe da historia reflectido polos profesionais, e a constituír a materialización dos desexos e necesidades de moitos investigadores e mestres innovadores que ven necesaria unha alternativa ao modelo educativo clásico en canto aos materiais utilizados para a aprendizaxe que teñen como protagonista indiscutible ao libro de texto.

__
[ver en issuu]
[pdf (1,5 Mb)]


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta