Curso 17/18 de Nenoarquitectura, ¡novedades!

Un novo curso dos talleres infantís de Nenoarquitectura chega o volver das vacacións de verán. Coma sempre serán na Fundación Luís Seoane de A Coruña.

A partir do 7 de outubro estaremos todos os sábados en horario de 11:30 a 14:00.

Ademáis dos 3 grupos habituais, EM-PEZA (para idades comprendidas entre os 6 e 9 anos), DES-PEZA (un nivel avanzado para nenos de 10 e 12 anos), e TRO-PEZA (para nenos de entre 4 e 5 anos); este ano incorporamos un cuarto nivel +LUPO para los licenciados en Nenoarquitectura con anterioridade.

_
+LUPO é unha iniciativa destinada a alumnos que cursasen Nenoarquitectura con
anterioridade e que queiran poñer en practica os seus propios proxectos, que serán aplicados a Tropeza, Empeza e Despieza de forma indiscriminada.

Propónse aos participantes deste curso a posibilidade de traballar sobre un proxecto propio. Deberán entregar xunto coa presente ficha de inscrición unha folla en tamaño A4 onde se resuma unha proposta de traballo sobre a que poder traballar durante o curso. O equipo de Sistema Lupo realizará unha selección das propostas entregadas máis interesantes.

O curso constitúe un achegamento ao proceso completo de elaboración dun proxecto mediante o desenvolvemento de habilidades de visión espacial, de representación en 2D e 3D e tamén de comunicación en público.

_
O curso organízase en trimestres durante o ano escolar para grupos de 12 nenos como máximo (e de 8 como mínimo) nos talleres EM-PEZA e DES-PEZA e grupos de 8 nenos como máximo (e 6 como mínimo) en TRO-PEZA.

A didáctica será desenvolvida polo equipo de Sistema Lupo e está baseada en contidos de deseño onde a arquitectura, a escultura, a música e o deseño industrial terán un especial protagonismo.

A continuación podedes ver os contidos de cada taller e as follas de inscrición.

————————

Lugar.
Fundación Luis Seoane.
c/ San Francisco n27. A Coruña
Horario. 11:30-14:00

Días.
Todos os sábados (salvo festivos) do 7 de Outubro ao 16 de Decembro.

Precio.
40 euros por trimestre

Descontos.
-10% dous o máis hermanos

INSCRICIÓN E INFO:
981 216 015
info@fundacionluisseoane.gal
www.fundacionluisseoane.gal

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN:

– Para TRO-PEZA aquí
– Para EM-PEZA aquí
– Para DES-PEZA aquí
– Para +LUPO aquí

————————

troPEZA

7 Oct – Tro-peza sen medo.
21 Oct – Corpo a terra. Visítanos o arqueólogo.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – Armonía e cromatismo.
11 Nov – EirON. Deseñando a contorna.
18 Nov – Grandes Arquitectos. Bucky Fuller.
25 Nov – Perspectivas e outros puntos de vista.
02 Dic – Rithm&Lupo. Procura do tesouro.
09 Dic – Seoane. Artista polifacético.
16 Dic – EirON en familia.

emPEZA

7 Oct – ¡Benvidos! O módulo son eu.
21 Oct – Corpo a terra. Visítanos o arqueólogo.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – O medievo e as murallas.
11 Nov – Asamblea de EirON. Visítannos…
18 Nov – A cidade medra.
25 Nov – Construir ao natural.
02 Dic – Procura do tesouro.
09 Dic – ¡Seoane e a mezcArte!
16 Dic – EirON en familia.

desPEZA

7 Oct – Isto é unha comedia grega.
21 Oct – EirON. Arqueoloxía.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – Cor e arquitectura. A paleta de Seoane.
11 Nov – EirON. A nosa contorna.
18 Nov – Grandes Arquitectos. Bucky Fuller.
25 Nov – Debuxando a Hércules. Homenaxe á torre.
02 Dic – Rithm&Lupo.
09 Dic – Super-reto.
16 Dic – EirON en familia.

+ LUPO

7 Oct – Teatro.
21 Oct – EirON. Arqueoloxía.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – Cor.
11 Nov – EirON. A nosa contorna.
18 Nov – Grandes Arquitectos.
25 Nov – Debuxo. Homenaxe a Seoane.
02 Dic – Música.
09 Dic – Retos.
16 Dic – EirON en familia.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta