Lupo no Cole – CEIP Ramón Otero Pedrayo

Estas imaxes son un pequeno resumo do realizado no primeiro trimestre dentro do obradoiro infantil de arquitectura sistema LUPO que se está a levar a cabo no colexio en horario lectivo para todo o alumnado de primaria.

LUPO é unha ferramenta educativa que desenvolve de modo cooperativo o pensamento lóxico e creativo con diferentes retos e niveis de dificultade. Baséase nuha aprendizaxe lúdica.
Partindo da arquitectura e do tradicional xogo de bloques de construcción, estende a súa didáctica transversalmente cara as matemáticas, o debuxo, a física, a arte, a historia ou deseño, pretende desenvolver as aptitudes creativas e sociais a través de dinámicas de grupo en virtude do tamaño e características dos retos propostos.

 


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 287

Deixar unha resposta