Apertura do curso 16/17 dos obradoiros de Nenoarquitectura

160908_slide_nenoarquitectura_gal

Chega setembro e tras as vacacións de verán volvemos cos talleres infantís Nenoarquitectura na Fundación Luís Seoane da Coruña. Este ano con novidade, os peques de 4 a 5 anos tamén terán a opción de aprender xogando.

A didáctica será desenvolvida polo equipo de Sistema Lupo e está baseada en contidos de deseño onde a arquitectura, a escultura, a música e o deseño industrial terán un especial protagonismo.

A partir do 15 de outubro estaremos todos os sábados en horario de 11:30 a 14:00.

Este ano haberá tres grupos; os habituais EM-PEZA, para idades comprendidas entre os 6 e 9 anos, e DES-PEZA, un nivel avanzado para nenos de 10 e 12 anos; como novidade incorporamos TRO-PEZA para nenos de entre 4 e 5 anos.

O curso organízase en trimestres durante o ano escolar para grupos de 12 nenos como máximo (e de 8 como mínimo) nos talleres EM-PEZA e DES-PEZA e grupos de 8 nenos como máximo (e 6 como mínimo) en TRO-PEZA.

A continuación podedes ver os contidos de cada taller e as follas de inscrición.

————————

Lugar.
Fundación Luis Seoane.
c/ San Francisco n27. A Coruña
Horario. 11:30-14:00

Días.
Todos os sábados (salvo festivos) do 15 de Outubro ao 17 de Decembro.

Precio.
40 euros por trimestre

Descontos.
-10% dous o máis hermanos

INSCRICIÓN E INFO:
981 216 015
info@fundacionluisseoane.gal
www.fundacionluisseoane.gal

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN:

– Para TRO-PEZA aquí
– Para EM-PEZA aquí
– Para DES-PEZA aquí

————————

troPEZA

15 Oct – “Pedro e o Lupo” (Prokófiev). Sons e formas.
22 Oct – A arte que conta historias.
29 Oct – Fogar para unha mascota.
05 Nov – Lugar, clima, casa.
12 Nov – ¿Cómo ler un plano?
19 Nov – Viaxe polo espazo.
26 Nov – A lenda de Hércules.
03 Dic – “Páxaro de Lume” (Stravinsky). Melodía debuxada.
10 Dic – Conto da árbore.
17 Dic – Xornada de Nadal.

emPEZA

15 Oct – A cidade dos nenos.
22 Oct – ¿Cómo se le un plano?
29 Oct – Arte e parte. Coa colaboración de artistas contemporáneos.
05 Nov – As medidas e a escala.
12 Nov – As primeiras casas: Arquitectura prehistórica.
19 Nov – Viaxe a Exipto.
26 Nov – A cor na Arquitectura.
03 Dic – Viaxe no tempo. Roma.
10 Dic – A casa do Futuro.
17 Dic – Festa familiar. *Nadal*.

desPEZA

15 Oct – A cidade e o urbanismo.
22 Oct – Arte e parte. Coa colaboración de artistas contemporáneos.
29 Oct – Construir ao natural.
05 Nov – Frei Otto. Laboratorio arquitectónico.
12 Nov – Exposicións universais.
19 Nov – Bucky Fuller. Xeodésicas.
26 Nov – El número de ouro.
03 Dic – Rhythm & Lupo.
10 Dic – Ao compás.
17 Dic – Fiesta familiar. *Nadal*.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta