Repensando a Escola – O teito acústico

Dentro das conclusións propias da fase de análise aparece como tema a resolver o acondicionamento acústico do comedor. É un caso recorrente en moitos centros escolares, o comedor é unha peza que foi incorporada ao programa do edificio a petición das ANPAS e xestionado directamente por elas. O seu éxito na xestión empuxou á administración autonómica a ofrecer este servizo que actualmente xa é de uso habitual, con todo as condicións acústicas non están resoltas.

O comedor presenta un índice de reverberación moi elevado debido ás fachadas acristaladas que rodean a sala. A carencia de superficie de absorción foi resolta coa inclusión duns paneis fono absorbentes que replicando as figuras de lupo permiten combinarse a modo de mosaico e crear unha actividade participativa cos nenos. Todas estas actividades foron realizadas co apoio de empresas locais ou da brigada de obras deixando unha parte aberta para a participación do neno.

O obxectivo é crear unha atmosfera de participación de todos os usuarios de modo que os propios nenos se vexan capaces de resolver o problema e entendelo de maneira directa, é un novo exemplo de acción-reacción de relación teoría-practica, esta actividade acompáñase de clases teóricas onde se traballan conceptos acústicos guiados por Luís Martínez (o profe de música). O mosaico final en dúas cores (branco-laranxa), reproduce diferentes exercicios onde visualizar leis da Gestalt e xogar así coa percepción. O teito acústico constitúe en si un novo compoñente lúdico-educativo.




Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 287

Deixar unha resposta