Cidades mergulladas

Taller de arquitectura no Acuarium Finisterrae.
30 de Xaneiro de 2016

Fundación Luis Seoane
Ciclo Nenoarquitectura

Colaboradores
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
(Delegación de A Coruña)

Didáctica
Sistema Lupo

Monitores
Patricia Amil
David Antuña
Loli Diego
Mar Lista

Fotografía
Sistema Lupo

Video
Borja Díaz Carro

Memoria & Fotografías

“Cidades Mergulladas” é un exemplo de Taller puntual dun día realizado en colaboración co Acuarium Finisterrae. Nesta sesión aprovéitase o espectacular ambiente creado no acuario para involucrar aos participantes no fascinante mundo submarino.

Unha primeira sesión teórica fíxonos penetrarnos en diferentes exemplos de pobos e cidades  baixo a auga, decisións estratéxicas, desastres naturais ou lendas mestúranse na narración, e fannos viaxar desde os exemplos nacionais máis próximos a Port Royal no Caribe pasando polas cidades chinesas ou a India.

Tras esta sesión exponse un taller creativo onde cada equipo crea unha cidade imaxinada adaptada aos ambientes recreados no acuario onde se simulan diferentes ecosistemas, bateas de mexillón, barrancos ou a plataforma continental.

O traballo en equipo é sempre unha liña común en todos estes talleres, organízanse equipos e cada un intervén nun ecosistema diferente.

Tras esta fase creativa unha tarefa máis dirixida a partir de planos lévanos á construción do Nautilus, o noso Lupo submarino que nos levará de viaxe por todos estes escenarios. O xogo preside cada unha das fases e a xestión de cada momento axuda a fomentar a imaxinación do participantes. Neste caso a presenza de seres vivos, os peixes coas súas miradas e os seus movementos, aumenta un grao máis a empatía e o grao de relación do grupo.

 

.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta