Lupo no cole – CEIP Ortigueira

“Lupo no Cole” é unha versión de talleres de tipo extraescolar que procede da experiencia dun grupo de arquitectos (sistemalupo) en talleres anuais de Nenoarquitectura para museos e campamentos de verán.

Establécense programas de dez sesións de 90 minutos onde se tratan temas relacionados coa arquitectura e os seus efectos colaterais nas artes, a historia ou a ciencia. Neste programa a Arquitectura considérase aglutinante de moitas outras disciplinas parte das cales se están tratando nas aulas de formas específicas e adaptadas ao curriculum académico.

Este modelo educativo baseado nos proxectos, de gran presenza nos nosos centros, compleméntase cunha programación flexible chea de retos e documentación facilmente apropiable polo profesor. Componse de fichas individualizadas con actividades a realizar co material lupo (Super Lupo, Eco Lupo, Lupo Plot, DIY, ou lupo virtual, a nosa aplicación) Todo o material é de creación e patentes propias e forma parte dun proxecto global destinado a introducir os valores propios da disciplina arquitectónica no ámbito educativo.

As xanelas dos edificios son os ollos cos que miramos o mundo. A través de material didáctico propio de Sistema Lupo, reflexiónase sobre as diferentes formas de relación entre o interior e o exterior dos distintos edificios que forman parte do CEIP de Ortigueira. Por suposto sempre hai espazo e tempo nas actividades para que os alumnos propoñan a súa propia visión do que debería ser unha xanela.




Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 287

Deixar unha resposta