Repensando a Escola – A Maqueta

Como segundo paso e en paralelo ao plano da memoria realízase a maqueta de todo o colexio. Enténdese como unha forma de análise e reflexión critica sobre os espazos que habitan nesta etapa de formación. Preténdese introducir ao alumno no concepto da escala e a visión espacial aumentando ademais as súas destrezas manuais.

A maqueta, en calquera caso, é un elemento de xogo e de reflexión común entre os alumnos. Da mesma maneira que o xoguete, a maqueta fomenta o traballo en equipo e a colaboración.

O detalle da maqueta permite observar xa algunhas das preocupacións máis evidentes. A principal é a necesidade de unir os dous edificios destinados a aulas cunha pérgola a cuberto así como a posibilidade de chegar á casa do mestre baixo teito e poder reutilizar o edificio como comedor escolar.

Aparece tamén o interese pola recuperación de áreas infrautilizadas dentro do complexo e a problemática debida o tendido aéreo de instalacións ou a presenza dun transformador próximo á porta de entrada actual do colexio. Na actualidade están a realizarse as xestións necesarias para o soterrado do tendido e o traslado do transformador.

Existe por tanto un desexo claro de recuperar a unidade do complexo e evitar distincións entre o novo e o vello ou entre as aulas e a casa do mestre. Todo é unha escola.




Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 286

Deixar unha resposta