[ ver catálogo ]
Fundación Luis Seoane
Colaboradores
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
(Delegación de Coruña)
Didáctica
Sistema Lupo
Monitores
Patricia Amil
David Antuña
Loli Diego
Mar Lista
Fotografía
Sistema Lupo
Nace ligado á figura e pensamento do artista Luis Seoane, caracterizado por un discurso en favor da integración das artes, a didáctica faise polo tanto, permeable a toda manifestación artística ou creativa e en ocasións aproveitamos as exposicións propias do museo ou a visita de artistas invitados para incluílos na programación. Durante estes anos o taller (que se desenvolve cada sábado en sesións de dúas horas e media) foi evolucionando e na actualidade contamos con dous programas simultáneos de grande aceptación.
NENOARQUITECTURA
Dirixido a nenos de 6 a 9 anos, está organizado en grupos temáticos que evolucionan en dificultade ao longo do curso.
Traballamos co material lupo nas súas diferentes escalas e materiais e xeramos un caderno de obra onde recollemos o traballo diario. O traballo en equipo é unha parte fundamental do taller a través do lupo reto con que pechamos cada sesión.
Nestes talleres trátanse temas xerais como a escala, o material, as proporcións, a cor, a composición… non só aplicables á arquitectura, tamén á arte ou ao deseño.
Outra serie de talleres relaciona a arte e a arquitectura de diferentes épocas e procedencias tratando de interconectar as manifestacións artísticas cos seus condicionantes sociais, ambientais ou históricos.
Todo iso para tratar de xerar no neno un clima óptimo para o desenvolvemento das súas capacidades. Nun ámbito eminentemente lúdico e des contextualizado do centro escolar fomentamos un ensino transversal onde cada un achega os seus coñecementos e as súas experiencias para interpretar os temas propostos de modo crítico.
DES-PEZA
Dirixido a nenos de 10 a 12 anos, xorde como requirimento dos nenos que cumprido o seu paso por Nenoarquitectura queren manter a súa presenza nos talleres.
É polo tanto un “encargo” dos propios nenos que tras un curso enteiro xa dominan os temas e retos propostos e polo tanto reclaman un maior grao de dificultade.
Neste bloque introduciuse o mundo do deseño con máis forza dando aínda maior liberdade ao neno no seu proceso de deseño e proxecto, mesmo dotándolles das ferramentas para crear novos lupo retos.
Introdúcese o uso do software específico a través de LUPO VIRTUAL de modo que podemos incluír mais actividades relacionadas coa visión en 3D.
A isto súmase o uso de técnicas virtuais como a Realidade Aumentada tratando de manter a conexión entre o mundo virtual e o real a través de retos que proxectan coas ferramentas virtuais e constrúen coas físicas.
O nome do proxecto procede do traballo fin de máster do arquitecto David Antuña, colaborador habitual de Sistema Lupo e monitor destes talleres quen deseñou esta unidade didáctica para alumnos de secundaria. Repensada e adaptada está sendo utilizada con nenos de últimos curso de infantil e para nós supón pechar un ciclo educativo de transferencia de coñecementos entre a universidade e a sociedade.
Pingback: Ciudades Sumergidas |