Lupo no cole

Coordinador
Fermín González Blanco

Profesorado CEIP Ortigueira
Xaime Furelos Vázquez
Luis Martínez Sánchez
Mercedes Maril Yáñez
Manuel Ángel Iglesias Gómez
Rosario Casal Mosquera
Miriam Miramontes Borrajo
Esther Domínguez Dubra
Francisco Ferreiro Blanco

Colaboradores
David Rodríguez Antuña
Saúl Gómez Rubio
Luis Miguel Fernández López

Caderno e audiovisuais
Borja Díaz Carro

Fotografía
CEIP Ortigueira
Estudio Fermin Blanco

+ #REPENSANDO A ESCOLA aquí





Memoria & Fotografías
Programa didáctico adaptado aos centros de educación infantil e primaria, na actualidade estase a realizar en dous formatos fundamentalmente.

+ LUPO NO COLE
+ REPENSANDO A ESCOLA

“Lupo no Cole” é unha versión de talleres de tipo extraescolar que procede da nosa experiencia nos talleres anuais de Neno arquitectura para museos e nos nosos Campamentos de verán.

Establécense programas de dez sesións de 90 minutos onde se tratan temas relacionados coa arquitectura e os seus efectos colaterais nas artes, a historia ou a ciencia.

Neste programa a Arquitectura considérase aglutinante de moitas outras disciplinas parte das cales se están a tratar nas aulas de forma específica e adaptadas ao curriculum académico. Neste sentido proponse un “proxecto” baseado na arquitectura que inclúe a historia, as matemáticas, a arte, a xeometría ou o pensamento científico. Este modelo educativo baseado nos proxectos, de gran presenza nos nosos centros, compleméntase cunha programación flexible chea de retos e documentación doadamente apropiable polo profesor. Componse de fichas individualizadas con actividades a realizar co material lupo (super Lupo, Eco Lupo, Lupo Plot, DIY, ou lupo virtual)

Cando o proxecto dá o salto do extraescolar ao escolar pasa a denominarse “Repensando a escala”, un proxecto educativo integral e experimental que evidentemente pode desenvolverse cando as condicións de complicidade se fan máximas. O noso proxecto piloto en CEIP Ortigueira pode seguirse a través do lupo blog, aí poderedes ver os avances dun proxecto comunitario realizado entre o claustro, AMPAS e alumnos do coleigo Ortigueira en Santa Cruz de Ribadulla. Un colexio público de educación infantil e primaria que no seu día foi prototipo experimental educativo vinculado á Institución Libre de Ensino e que na actualidade acolle este proxecto. (ver mais en lupoblog)



.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 288

Deixar unha resposta