Arqui Brinca

Porto, 2013/2014
Braga 2014

Proxecto didáctico
Sistema Lupo

Semana da Rehabilitacao
Vida Imobiliaria
Arki play

Memoria & Fotografías

Arqui Brinca é un taller realizado dentro da “Semana dá Reabilitacao Urbana de Porto e Braga “: Diferentes actividades que poñen en común aos axentes intervinientes na recuperación patrimonial das cidades. Empresas, técnicos, institucións e público xeral danse cita entorno a sesións de debate, traballo e exposición. Neste marco Arquibrinca preséntase como festa final onde os máis pequenos son os protagonistas. Para poñer en valor as partes patrimoniais da cidade propóñense diferentes desafíos baseados en monumentos ou partes significativas da cidade (desenvolvéronse en Braga e Porto).

Na edición de 2014 contamos coa colaboración do colectivo irmán Arkiplay dinamizador de actividades lupo en Portugal e cuxa experiencia no traballo con grandes grupos permitiu xerar unha actividade específica ” CUBO PORTO ” unha figura abstracta baseada na colaxe tridimensional de diferentes edificios da cidade.

Froito desta colaboración na actualidade estamos desenvolvendo novos proxectos que inclúen un novo lupo de cartón do que vos manteremos informados. Este estado de colaboración e traballo, de investigación e educación, de divulgación e técnica… é o que fai de cada proxecto unha nova experiencia para seguir crecendo.


.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 287

Deixar unha resposta