2 en 1

CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo) + Museo do Pobo Galego.

Santiago de Compostela
21-24.7.2014

Proxecto didáctico
Sistema Lupo


Coordinación CGAC
Gema Baños
Coordinación Museo Pobo
Ana Estevez

Fotografia
Ines Salvado Gontad

taller_lupo_27

 

Memoria & Fotografías
2 en 1 é un taller infantil onde traballamos entre dous museos simbólicos de Galicia, o CGAC (Centro de Arte Contemporánea) e o Museo do Pobo Galego. Dous museos que comparten historia e espazo na cidade de Santiago pero cuxas características arquitectónicas nos permiten facer unha auténtica viaxe na historia.

Propoñemos un laboratorio de ideas e xogo traballando durante catro xornadas nos espazos, xardíns, patios e fachadas de ambos os dous edificios.

Investigamos tratando de descubrir os segredos de cada edificio e mergullámonos na súa historia, as súas diferentes vidas mesmo propoñendo novos usos a través dun proxecto propio cheo de sorpresas.
Formúlase de forma paralela a interacción entre os máis pequenos e os usuarios de ambos os dous museos a través da construción de pequenos obxectos que actúan como recipientes e nos que os visitantes van depositando ideas ou reflexións de carácter positivo e negativo. A construción dos obxectos, o lugar de colocación e as mensaxes recollidas en cada un deles son elementos de reflexión na sesión final do taller.


.


Warning: Parameter 2 to qtranxf_excludeUntranslatedPostComments() expected to be a reference, value given in /home/ferminbl/public_html/sistemalupo/wp-includes/class-wp-hook.php on line 288

Deixar unha resposta