Homenaxe a José Gómez do Collado – Pilpayu

Vídeo resumen nas noticias da RTPA.
__
O 10 de novembro os escolares de Cangas del Narcea mergulláronse na arquitectura de José Gómez do Collado grazas á iniciativa de Sistema Lupo en colaboración co Ilmo. Concello de Cangas del Narcea e o arquitecto José Ramón Porto.

José Gómez do Collado foi un dos grandes arquitectos asturianos do século XX, desenvolvendo a maior parte da súa obra na vila canguesa, aínda que poden atoparse edificios seus en Pola de Allande, Tineo ou Navia, entre outros lugares da nosa rexión.

Coincidindo coa data do aniversario do seu nacemento e un ano despois de que a súa obra fose admitida no Rexistro de Arquitectura DOCOMOMO Ibérico, os alumnos de catro colexios de Cangas poderán descubrir a súa figura e arquitectura.

Sistema Lupo preparou unha didáctica baseada na máxima:
¡Contáronmo e esquecino, o vín e entendino, fíxeno e aprendino!.

Tras unha visita dos escolares ás principais actuacións de Pepe Gómez en Cangas, os nenos metéronse na pel do arquitecto e construíron a súa propia versión dos edificios. José Ramón Porto, arquitecto e Doutor en Historia cunha tese sobre Gómez do Collado, acompañou aos escolares no seu percorrido para descubrirlles os segredos e porqués dos edificios que ven cada día.


Sistema Lupo en Conexión Finsa en Santiago

#conexion by @grupofinsa @finsawood @cidadedacultura #santiago Reflexiones entorno a la madera

A post shared by Sistema Lupo (@sistemalupo) on


Sistema Lupo no Papagaio

Profes de Galicia, con todos vos O Papagaio, o xornal infantil que cada mes estará nos coles cun #luporeto. Neste número simplemente presentámonos, descarga as pezas da lupoweb e empezamos!

[link] para ver o xornal

[link] para descargar as pezas Lupo en papel
[link] para coñecer todos os lupos dispoñibles


Pronto novas noticias sobre esta colaboración entre Sistema Lupo e Ou Papagaio…


¡Novo curso de Mies é +!

Arranca unha nova edición de MIES é + no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).

Novos autores, novos temas, ¡esperámosvos!

Mies é + é unha serie de talleres infantís sobre arquitectura contemporánea. O obxectivo é proporcionar aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

Os talleres de arquitectura terán lugar o último fin de semana de cada mes e, ao longo desta edición tratarase o comunitarismo de Wright, o entusiasmo pola infancia de Van Allen, a visión urbana
e social de Niemeyer, a experimentación de Buscher na Bauhaus, a continuidade interxeracional da escola do Porto, o espírito libre de Gray, as obsesións xeométricas de Tynn, ou a inspiración
orgánica de Aalto e Marsio.

Iniciaremos un paseo polo pensamento de homes e mulleres que representan a nosa tradición moderna e contribuíron a sentar as bases da arquitectura actual.

Si quieres darte un paseo por todos los autores vistos en años anteriores, puedes acceder [aquí] a la página del proyecto.





Inscrición

Todos os talleres son gratuítos. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderanse inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.

MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!

(M) Frank Lloyd Wright. Taliesin. A comunidade autosuficiente
Sábado 28 de outubro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29 de outubro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 9 ao 27 de outubro

(S) Lady Allen. A aventura da infancia
Sábado 25 de novembro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 26 de novembro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 6 ao 24 de novembro

(I) Niemeyer. Brasilia. A utopía feita cidade
Sábado 27 de xaneiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 28 de xaneiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 8 ao 26 de xaneiro

(E) Alma Buscher. Experimentación formal. BAUHAUS
Sábado 24 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 25 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 5 ao 23 de febreiro

(I) Escola do Porto_Tavora-Souto-Siza. Brincando cos mestres
Sábado 24 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 25 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 5 ao 23 de marzo

(S) Aileen Gray. Espírito libre
Sábado 28 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 9 ao 27 de abril

(E) Anne Tyng. Habitar a xeometría
Sábado 26 de maio. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 27 de maio. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 7 ao 25 de maio

(M) Alvar Aalto + Aino Marsio. Proxectar coa natureza
Sábado 30 de xuño. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 1 de xullo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 4 ao 29 de xuño

_
DIRIXE: Fermín Blanco
IMPARTEN: David Antuña e Víctor González, arquitectos Santiago Chenlo e Natalia Santamaría, educadores
COORDINA: Virginia Villar


Curso 17/18 de Nenoarquitectura, ¡novedades!

Un novo curso dos talleres infantís de Nenoarquitectura chega o volver das vacacións de verán. Coma sempre serán na Fundación Luís Seoane de A Coruña.

A partir do 7 de outubro estaremos todos os sábados en horario de 11:30 a 14:00.

Ademáis dos 3 grupos habituais, EM-PEZA (para idades comprendidas entre os 6 e 9 anos), DES-PEZA (un nivel avanzado para nenos de 10 e 12 anos), e TRO-PEZA (para nenos de entre 4 e 5 anos); este ano incorporamos un cuarto nivel +LUPO para los licenciados en Nenoarquitectura con anterioridade.

_
+LUPO é unha iniciativa destinada a alumnos que cursasen Nenoarquitectura con
anterioridade e que queiran poñer en practica os seus propios proxectos, que serán aplicados a Tropeza, Empeza e Despieza de forma indiscriminada.

Propónse aos participantes deste curso a posibilidade de traballar sobre un proxecto propio. Deberán entregar xunto coa presente ficha de inscrición unha folla en tamaño A4 onde se resuma unha proposta de traballo sobre a que poder traballar durante o curso. O equipo de Sistema Lupo realizará unha selección das propostas entregadas máis interesantes.

O curso constitúe un achegamento ao proceso completo de elaboración dun proxecto mediante o desenvolvemento de habilidades de visión espacial, de representación en 2D e 3D e tamén de comunicación en público.

_
O curso organízase en trimestres durante o ano escolar para grupos de 12 nenos como máximo (e de 8 como mínimo) nos talleres EM-PEZA e DES-PEZA e grupos de 8 nenos como máximo (e 6 como mínimo) en TRO-PEZA.

A didáctica será desenvolvida polo equipo de Sistema Lupo e está baseada en contidos de deseño onde a arquitectura, a escultura, a música e o deseño industrial terán un especial protagonismo.

A continuación podedes ver os contidos de cada taller e as follas de inscrición.

————————

Lugar.
Fundación Luis Seoane.
c/ San Francisco n27. A Coruña
Horario. 11:30-14:00

Días.
Todos os sábados (salvo festivos) do 7 de Outubro ao 16 de Decembro.

Precio.
40 euros por trimestre

Descontos.
-10% dous o máis hermanos

INSCRICIÓN E INFO:
981 216 015
info@fundacionluisseoane.gal
www.fundacionluisseoane.gal

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN:

– Para TRO-PEZA aquí
– Para EM-PEZA aquí
– Para DES-PEZA aquí
– Para +LUPO aquí

————————

troPEZA

7 Oct – Tro-peza sen medo.
21 Oct – Corpo a terra. Visítanos o arqueólogo.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – Armonía e cromatismo.
11 Nov – EirON. Deseñando a contorna.
18 Nov – Grandes Arquitectos. Bucky Fuller.
25 Nov – Perspectivas e outros puntos de vista.
02 Dic – Rithm&Lupo. Procura do tesouro.
09 Dic – Seoane. Artista polifacético.
16 Dic – EirON en familia.

emPEZA

7 Oct – ¡Benvidos! O módulo son eu.
21 Oct – Corpo a terra. Visítanos o arqueólogo.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – O medievo e as murallas.
11 Nov – Asamblea de EirON. Visítannos…
18 Nov – A cidade medra.
25 Nov – Construir ao natural.
02 Dic – Procura do tesouro.
09 Dic – ¡Seoane e a mezcArte!
16 Dic – EirON en familia.

desPEZA

7 Oct – Isto é unha comedia grega.
21 Oct – EirON. Arqueoloxía.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – Cor e arquitectura. A paleta de Seoane.
11 Nov – EirON. A nosa contorna.
18 Nov – Grandes Arquitectos. Bucky Fuller.
25 Nov – Debuxando a Hércules. Homenaxe á torre.
02 Dic – Rithm&Lupo.
09 Dic – Super-reto.
16 Dic – EirON en familia.

+ LUPO

7 Oct – Teatro.
21 Oct – EirON. Arqueoloxía.
28 Oct – Obradoiro con Paulo Bruscky.
04 Nov – Cor.
11 Nov – EirON. A nosa contorna.
18 Nov – Grandes Arquitectos.
25 Nov – Debuxo. Homenaxe a Seoane.
02 Dic – Música.
09 Dic – Retos.
16 Dic – EirON en familia.


Crónica dun viaxe en familia a Ludic Architecture

Deixámosvos por aquí unha pequena crónica, algo diferente, dunha viaxe en familia a Ludic Architecture.

Queremos unha vez máis agradacer a todos os que o fixeron posible.

Grazas, thanks, obrigado!

O pase de diapositivas require JavaScript.

_
Tamén vos deixamos por aquí a información sobre o libro con artigos dos participantes en Ludic Architecture 2017 e que se organiza en tres capítulos: obxectos, espazos e experiencias.

Coordinado por Marco Ginoulhiac, contén artigos de Ana Neiva, Biagio Dei Carlo, Brenda Vale, Carlos Prata, Diogo Aguiar, Elvira Leite, Fermín Branco, Franco a Cecla, Gabriela Burkhalter, Gilles Brougère, José Lus González Fernández, Juan Bordos, Marco Ginoulhiac, Robert Vale, Rodrigo Coelho, Santiago Atrio Cerdeira e Virgínio Moutinho.

Pódese pedir por mail á librería da AEFAUP en aefaup.bookstore@gmail.com.

[+ info]


Curso de verán de UIMP Galicia

Este verán compartimos experiencias con profes de infantil e compañeiros vindos de toda a península dentro do curso de formación de profesorado de Educación Infantil de UIMP Galicia “Xogo e espazos como instrumentos educativos”.

Unha semana chea de encontros, risas, xogo e moita enerxía. O curso de verán de UIMP Galicia puxo de manifesto o importante de poñer en contacto a profesorado e equipos de arquitectos traballando no avance educativo.

Deixamos algunhas fotos da clase teórico-práctica con visita ao #Eiron, cidade vella, #lupohouse e da recreación da #sardiña de Anton Lezcano que foi a actividade final do curso “Alén do Limite”.

Quedamos con ganas de máis pero desfallecidos, un besazo a todos!!!!

* Fotos de Almuena de Benito e La mujer forzuda.

_
Videos das conferencias

_
Información do curso

CURSO: JUEGO Y ESPACIOS COMO INSTRUMENTOS EDUCATIVOS

Director: Santiago Atrio Cerdeira. Arquitecto. Doutor en Ciencias da Educación. Vicedecano de Ordenación Académica e Desenvolvemento das Titulacións. Facultade de Formación de Profesorado e Educación. Universidade Autónoma de Madrid
Codirectora: María Rodríguez Moneo. Doutora en Psicoloxía. Directora do Instituto Universitario de Ciencias da Educación da Universidade Autónoma de Madrid Destinatarios: Docentes de Educación Infantil e Técnicos de Escolas Infantís Lugar de celebración: SEDE UIMP A Coruña
Datas: 10 ao 14 de xullo 2017
Número de horas de formación: 50 (30 horas e 20 en rede)

Programa:
– Santiago Atrio Cerezo. De Fröbel a la Bauhaus
– Clara Eslava Cabanellas. Territorios de la Infancia
– Paz González Torre. ¿Dónde ponemos la silla de Bruno? Diseñar el aula entre todos y para todos
– María Rodríguez Moneo. La configuración del espacio de juego y la motivación por aprender
– Carlos Arruti Echeverria & Anabel Varona Martínez (Maushaus). La batalla de los huesos. Territorios del aula
– Sonia Rayos Sarabia & Silvana Andrés Salvador (Arquilecturas). El Espacio como Recurso Educativo
– Almudena de Benito (Chiquitectos). Aula como Espacio de Aprendizaje
– Fermín González Blanco (Sistema Lupo). Construyendo en el Aula de Educación Infantil
– Jorge Raedó Álvarez (Osa Menor). Educación de arte para la infancia: proyectos en España, Finlandia y Colombia
– Pablo Amor Méndez & Cristina Llorente Roca (Arquitectives). Experiencias de Talleres y Urbanismo Participativo para la Infancia en las Islas Baleares
– Javier Abad & Ángeles Ruíz de Velasco. Contextos de simbolización e identidad lúdica: la propuesta de las instalaciones en Educación Infantil
– Xose Manuel Rosales Noves (Proyecto Terra). Sabela e as zocas máxicas
– Santiago Atrio Cerezo. Diseño y Gestión de Espacios y Materiales Educativos: Educación y Arquitectura

[pdf] co programa completo


Análise externa de Repensando a Escola

Reciéntemente as boas prácticas da nosa actividade Repensando a Escola foron analizadas polo profesor/doutorando Jorge Conde Miguélez dentro do Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario da Universidade de Santiago de Compostela.

As conclusións foron que o proxecto cumpre no alto grao os criterios de boas prácticas en educación desde a perspectiva comunitaria. Foron analizados desde puntos de vista de innovación, sustentabilidade, eficacia, sustentabilidade, replicabilidad, ética ou a capacidade para xerar empoderamiento e traballo en rede.


[Link] para ver o documento en pdf.


Artículo na “Revista de Educación para la Justicia Social”

Orgullosos da nosa participación neste número da Revista de Educación para a Xustiza Social, Universidade Autónoma, número monográfico dedicado á Educación e a Arquitectura. Bibliografía extensísima para quen estea interesados no tema, nós poñémonos a ler xa!


[Link] para ver e descargar todo o número da revista.

[Link] para ver e descargar o artigo de Fermín Branco sobre Sistema Lupo.


Finalistas do Concurso Proxecta Innovación

O proxecto Lupo no Cole segue dando alegrías, felicidades a David Rodríguez Antuña e á comunidade educativa de Ceip Ramón Otero Pedrayo por conseguir coarse na final do IV Concurso Proxecta Innovación. A arquitectura e os bloques unidos nun proxecto de apoio a matemáticas e música. Felicidades tamén a todos os centros finalistas.

¡Necesitamos Profes Innovadores!


O Concurso Proxecta Innovación é unha iniciativa educativa conxunta da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que responde ao labor comprometido de ambas as institucións co fomento da innovación no ámbito educativo e a mellora da calidade do ensino.

O obxectivo é impulsar experiencias educativas que aúnen aprendizaxe, creación e tecnoloxía.

[+ info sobre o concurso]


Neste [link] podes ver a documentación presentada ao concurso.