Arquitectura Escultórica

Actividade didáctica participativa dentro do programa Arte y Cultura para todos.

Valladolid, 21.09.2014

Proxecto didáctico
Sistema Lupo


PREDIF
Museo Nacional de Escultura.
Valladolid

Coordinación
MUDA arquitectura
Arquitectura Minúscula

Fotografías arcos
Juan Carlos Quindós

Memoria & Fotografías
É un taller de integración realizado en colaboración con PREDIF. Está dirixido a todos os públicos, e desenvólvese no ámbito do programa RÚA MUSEO 2014 dentro do programa Arte e Cultura para todos. O programa coordinado por MUDA Arquitectura en colaboración co Museo Nacional de Escultura pretende visibilizar o contido e actividades do museo a través de accións urbanas no exterior que abran a posibilidade á participación pública.
O taller, desenvólvese nunha mañá, e pretende achegar os participantes ao mundo da arquitectura, a escultura e as súas relacións. Desenvólvese unha didáctica específica que pode ser aplicada a posteriori polo equipo educativo do museo.

A xornada desenvólvese no museo de Escultura e detémonos na observación de diferentes elementos arquitectónicos, de entre eles o museo destaca pola gran variedade de arcos, algúns arquitectónicos e outros froito da escultura arquitectónica propia da época Isabelina a que pertence o antigo Colexio de San Gregorio hoxe Museo de Escultura.
Tras un paseo polo edificio centrámonos na construción dos retos formulados neste caso a través de talleres familiares onde participan persoas de diferentes idades e con diferentes capacidades dentro da lóxica de integración que move o proxecto.


.