A Coruña e o seu mar_Tecendo o Litoral

Agosto 2018-Abril 2019

Organiza
Concello da Coruña

Acoruneno
Organiza
Fermín G. Blanco

Equipo
Pepe Diego
Luis Miguel Fernández
Alba Pérez
David Antuña
Leticia Zapata
Hilda González-Cebrián
Víctor García

Participan
Participantes Nenoarquitectura 2018/2019

+ info

catálogo pdf

catálogo web


Descripción

O obxecto deste concurso era xerar ideas e fomentar o debate público e cidadán sobre os terreos do porto da Coruña, os cales, abarcan desde o dique de abrigo ata o peirao de Oza, e unha vez obtida toda esa información, poder xerar un futuro plan director baseado no consenso cidadán e a coordinación técnica de ordenación do territorio.

Tratábase dun concurso no que os proxectos gañadores, foron seleccionados por un xurado e votados pola cidadanía, desta forma, serviron para xerar e debater sobre ideas plurais e diversas que provoquen un efecto multiplicador á hora de repensar os terreos portuarios.

Acoruneno

A nosa proposta do bordo marítimo, fíxose cun grupo pluridisciplinar de arquitectos e educadores, desde a visión dos nenos, cos cales compartimos talleres de carácter arquitectónico. Nesta sociedade actual, téndese a infravalorar a dous sectores dos cales formaremos parte nalgún momento da nosa vida, a terceira idade e a infancia, a experiencia e o futuro.

Nós tratamos de transmitir a cidade que pensan os nenos, o futuro de todos nós, queremos ser altofalantes para os menos escoitados da sociedade… Así, démonos conta de cousas que nos farían reflexionar ao conxunto da sociedade.

Unha vez feitos as diversas análises da cidade, e anotando todas as ideas xurdidas dos diversos faladoiros que fixemos, pasou o momento de levalo ao plano. Elaborouse unha maqueta de representación da cidade, a unha escala de 1:1000. A construción da propia maqueta, foi a mellor análise que puidemos facer da cidade, identificáronse as vías principais de comunicación, os espazos públicos máis representativos, a localización dos edificios máis importantes e as relacións entre eles. Como resultados obtidos temos que resaltar a importancia que se dá ao lecer e ao xogo, entendemos, que ceder espazo da cidade para esta actividade, é moi saudable para a alma da cidade, unha cidade feliz, é unha cidade que funciona, onde se progresa como persoa e cidadán. “Unha cidade con infancia é un espazo seguro” Francesco Tonucci. Todo o proxecto tece a cidade por completo non só unha pequena zona, así como, as emocionantes propostas coas que nos sorprenderon a todos.