XENTE EMERXENTE – V TV

El Sistema Lupo en Xente Emerxente para V TV.

«Xente emerxente» Srasrsra, música-Silvia, blogger-Fermín, arquitecto (cap.25-31/03)

Zipo e Víctor son unha das bandas galegas do momento. Aínda que de banda teñen pouco porque son só dous. Chámanse Srasrsra. Coñeceremos o seu peculiar local de ensaio, saberemos dos seus gustos gastronómicos e escoitaremos as súas cancións, as cales non pasan dun minuto de duración. Durante o tempo que dura unha canción destes mozos, Silvia recibe centos de visitas no seu blog. Ata un total de 15.000 cada día. O seu blog de moda chámase Bartabac. É un dos máis influíntes da rede. Ata tal punto que vive del. Fermín é un home feliz e de risa contaxiosa. Non en van, este arquitecto coruñés está todo o día pensando en nenos. Para eles creou o xogo Lupo. Unha especie de Lego, pero con moitas máis posibilidades.

Deja un comentario